Berto: «A nosa xeración reivindica a lingua galega usándoa, non recalcando sempre a importancia que ten por si mesma»

Berto Portada

O antigo compoñente do dueto de Verto Temazos comezou fai uns meses a súa carreira en solitario cun traballo que considera máis “unificado”

A pandemia causada pola COVID-19 non trouxo cousas malas. Ou, polo menos, non a todo o mundo. É o caso de Verto Temazos, quen cun estilo caracterizado coma forma de ser da mocidade galega, conseguiron a súa fama a partires de ‘Oie Gayego’. Coa retranca que acostuma o noso país, os dous artistas criticaron ao “turista irrespetuoso estándar” que veranea en Galicia. Agora, tras meses de concertos e cun MIR en Mediciña que obrigou a Fernando a parar un tempo, Berto está levando a súa carreira en solitario.

Este artista de orixe pontevedrés pero afincado en Santiago de Compostela inicia esta etapa tratando de darlle un sentido unícuo ao seu traballo. Co seu último lanzamento, ‘Viaxe ao espazo interior’, pretendía esa liña continua, na que concretamente fala dun proceso depresivo que pasou.

Para Berto, hai unha clara diferenza coa música galega actual coa anterior. Sen desprestixiar nada, “agora non estamos resalzando o galego constantemente”. Con artistas coma él, Baiuca ou as Tanxugueiras, estase a cubrir un espazo musical e cultural que antes non existía. “Na escena galega faltaba un grupo pop que falase de desamor e esas cousas, por iso creo que funcionou Verto Temazos», asegura. 

“Enterámonos de que saimos nun libro de texto en galego, para min iso é o mellor”, confesa. O obxectivo é claro: facer que o galego mole, pero sen reivindicalo constantemente. Que a lingua fale por sí soa.

Podes ver a entrevista completa aquí: