Carlota Cobas: «Unha das maiores forzas da tatuaxe é empoderar o corpo»

Carlota Cobas Portada

A tatuadora e debuxante coruñesa é unha referencia no país nas disciplinas que practica

Bilbao, Oporto ou Madrid son algúns dos lugares onde Carlota Cobas tatuou nos últimos anos. Esta coruñesa comezou cedo a tatuar, aos 17 anos, tras anos sendo apaixonada do debuxo. “Foi mercar as primeiras agullas e poñerme”, relata a Zoom na Bagatela no seu estudio de ‘Zink Tattoo’ a escasos metros da praia de Riazor. 

Cun estilo de ‘fine line’ [tatuaxe con liñas finas], Carlota Cobas fíxose o seu oco a partires do proxecto de ‘100 toxos’, no que adicouse a pinchar tinta na pel coa forma desta famosa flor galega en cen persoas. Non obstante, non só lle interesa esta flor. “Tamén todo o que ten que ver coa natureza galega: animais, plantas…”, explica.

En canto ao boom de ser muller nun mundo que sempre foi masculinizado, recalca a importancia de “crear espazos seguros”: Lamenta tamén a falta de oportunidades, que “moitas veces”, padecen as persoas que estudan o grao de Belas Artes como ela. “Hai xente con moi boas ideas sen oportunidades”, critica.

Podes ver aquí a entrevista completa: