Tanxugueiras: «Os idiomas están para sumar, non para restar. O idioma é unha excusa, todo é exportable»

Tanxugueiras Portada

Tralo éxito e a repercusión conseguida despois do Benidorm Fest, as Tanxugueiras continúan co seu ascenso musical ao mesmo tempo que defenden e reivindican o galego e as súas posibilidades dende o feminismo

O trío de pandereteiras e cantareiras conformado por Aída Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro levan prácticamente toda a vida cantando xuntas, aínda que o seu primeiro disco data de 2018. Catro anos despois de ese primer ‘Tanxugueiras’, o seu nome xa resona por todo o país, ocupando un posto máis que merecido nos carteis dos principais festivais musicais.

Todo isto sen renunciar ás súas raíces, das que presumen alá por onde van, como se puido ver durante o popular concurso do Benidorm Fest, a pesar das críticas e dos comentarios negativos sobre a súa orixe ou a defensa do seu idioma. «Temos que valorar que temos unha cultura milenaria pola que os nosos antepasados loitaron para conservala», din as pandereteiras. Así, e coa idea clara de que os idiomas solo suman e un potente discurso feminista, estas tres mulleres apostan por versionar cantigas populares e darlles unha nova volta, transformando pezas que no seu tempo foron machistas noutras pezas empoderantes e reivindicativas.

«Galicia é matriarcal e a música tradicional é matriarcal», din, reivindicando a figura da muller na música popular galega, moitas veces esquecida. «Queremos darlles o recoñecemento que merecen», afirman ao explicar a súa maneira de versionar as coplas populares.

Podes ver aquí a entrevista completa: