
Quen somos?
Apostando por un formato audiovisual, ‘Zoom na bagatela’ é un proxecto multimedia e transmedia que pretende visibilizar a creadores de contidos culturais e artísticos de Galicia. A idea é crear un espazo de difusión, crítica e análise para este tipo de temáticas.
Deste xeito, este novo medio de comunicación explotará os novos formatos xurdidos coas redes sociais para achegar este tipo de contidos á xuventude, ao mesmo tempo que dará a coñecer aos representantes e ás novas promesas do panorama cultural galego.
A nosa intención é abranguer a industria cultural en xeral. É dicir, dende a música, até a cultura máis urbana, pasando polos diferentes tipos de baile ou disciplinas artísticas coma a pintura, a escultura ou o deseño de moda. Sempre cunha narrativa orientada á xuventude.
O noso compromiso
Misión
O noso principal obxectivo é divulgar as diferentes disciplinas artísticas do panorama galego, así como dar a coñecer aos seus protagonistas.
Visión
Queremos ser o altofalante de todas as disciplinas e expresións artísticas ou culturais de interese para a mocidade galega e en galego.
Valores
Temos a pretensión de recuperar, innovar, actualizar e adaptar a cultura galega desde a creatividade, a modernidade e o respecto.