David Ferreiro

Xornalista e comunicador

Son un xornalista que dende cativo tivo claro que o seu era o mundo da comunicación. A miña afección á radio levoume a estudar Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e completar a miña formación co Máster en Radio da CEU San Pablo.

A nivel profesional, desenvolvinme en dixitais como Vavel, periódicos como El Progreso ou en radios como Cope Galicia e Cope Madrid. Ademais, levei a cabo múltiples proxectos independentes, como a web deportiva Mundo Esférico ou o podcast deportivo 90YTantos. Actualmente encárgome da comunicación do Festival Internacional de Cinema de Bueu.

Raúl Novoa

Raúl Novoa

Xornalista e comunicador

Estiven vencellado desde os meus inicios no Grao de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela ao nodo galego de El Salto diario; O Salto Galiza. Fixen as prácticas do grao no Faro de Vigo e, despois, no diario web Galicia Confidencial.

Teño un Máster de Documental e Reportaxe Xornalístico Transmedia da Universidade Carlos III de Madrid. Durante o máster, fixen prácticas en RTVE e en elDiario.es. Tras uns meses de becario, ingresei no plantel da redacción de Madrid. Ademais de escribir contidos, estou na mesa, estructura vertebradora do xornal que se adica á portada e ás redes sociais.